CARACTERÍSTICAS DA SOCIEDADE ACTUAL
O triunfo das ideas globalizadoras e neoliberais no seno dunha sociedade axeitada por un vertixinoso
desenrrolo científico e tecnolóxico esta trasladándonos a “outra civilización” e o escenario no que se
desenrrolan as nosas vidas vai cambiando cada vez mais de presa.
Moitas foron as circunstancias que prepararon o terreo para a chegada desta “nova era”, pero o
punto que sinalara un antes e un despois na nosa historia e sen dúbida a chegada de Internet na
década dos noventa. Agora xa podemos afirmar que estamos sumerxidos na “sociedade da
información”
Esta nova “cultura”, que arrastra novos coñecementos , novas maneira de ve-lo mundo, novas
técnicas e pautas de comportamento , o uso de novos instrumentos e linguaxes.... vai remodelando
tódolos rincóns da nosa sociedade e incide en todolos ámbitos nos que se desenrrola a nosa vida,
esixindo de todos nos grandes esforzos de adaptación.
SOCIEDADE DA INFORMACIÓN/CARACTERÍSTICAS
A cambiante sociedade actual, á que chamamos sociedade da información, está caracterizada polos
continuos avances científicos (bioenxeñaría, novos materiais, microelectrónica) e pola tendencia a
globalización económica e cultural (gran mercado mundial converxencia dixital de toda-la
información..... ). Conta cunha difusión masiva da informática, a telemática e os medios audiovisuais
da comunicación e tódolos estratos sociais e económicos, a través destes proporciónanos: novos
canais de comunicación (redes) e inmensas fontes de información; potentes instrumentos para o
proceso da información; novos valores e pautas do comportamento social; novas formas de organizala
información... configurando así novas visións do mundo no que vivimos e influindo polo tanto nos
nosos comportamentos.
Na sociedade da información aparece unha nova forma de cultura, a “cultura da pantalla” que se
superpón á “cultura do contacto persoal e á cultura do libro”. Ademais, xunto ao entorno físico no que
interactuamos, agora dispoñemos tamén do ciberespacio, que multiplica e facilita as nosas
posibilidades de acceso á información e da comunicación cos demais.
IMPACTO DAS TIC NA SOCIEDADE
Esta emerxente sociedade da información, impulsada por un vertixinoso avance científico, arrastra
cambios que alcanzan tódolos ámbitos da actividade humana. Os seus efectos maniféstanse de
maneira moi especial nas actividades laborais e no mundo educativo, onde todo debe ser revisado.
IMPACTO DAS TIC NA EDUCACIÓN
Un dos retos que teñen actualmente as institucións educativas consiste en integra-las aportacións
destes poderosos canais formativos nos procesos de ensinanza e aprendizaxe, facilitando aos
estudiantes a estructuración e valoración destos coñecementos dispersos que obteñen a través dos
“mass media” e Internet, pois obviamente a escola debe acercar aos estudiantes á cultura de hoxe e
non á cultura de antonte.
NOVO ROL DOCENTE
Sexa cal sexa o nivel de integración das TIC nos centros docentes, o profesorado necesita tamén
unha “alfabetización dixital” e unha actualización didáctica que lle axude a coñecer, dominar as
institucións tecnolóxicas e os novos elementos culturais en xeral na sua práctica docente.
NOVO ROL DOS ESTUDIANTES
As novas xeracións van asimilando de maneira natural esta nova cultura que se vai conformando e
que arrastra moitos e importantes esforzos de formación, de adaptación e de “desaprender” moitas
cousas que agora “se fan doutra forma” ou que simplemente xa non serven.
As Novas Tecnoloxias da Información e da Comunicación son incuestionables e están aí, xa que
forman parte da cultura tecnolóxica que nos rodea e coa que debemos convivir.
Incluimos no concepto TIC os medios de comunicación de todo tipo, dende o “mass media” ao
teléfono, fax...
INTEGRACIÓN DAS TIC NO CURRÍCULUM
Progresivamente vanse integrando as novas tecnoloxias nos programas dos cursos a tódolos niveis:
ensinanza obrigatoria, profesional, universitaria... esta integracion das TIC obedece aos requisitos da
actual “sociedade da información” e pretende capacita-los xóvenes para desenrolarse no mundo
dixital.
No hay comentarios:
Publicar un comentario