domingo, 20 de noviembre de 2016

AS NOVAS TECNOLOXÍAS E O SEU PAPEL NO ÁMBITO EDUCATIVO



CARACTERÍSTICAS DA SOCIEDADE ACTUAL 

O triunfo das ideas globalizadoras e neoliberais no seno dunha sociedade axeitada por un vertixinoso desenrrolo científico e tecnolóxico esta trasladándonos a “outra civilización” e o escenario no que se desenrrolan as nosas vidas vai cambiando cada vez mais de presa. Moitas foron as circunstancias que prepararon o terreo para a chegada desta “nova era”, pero o punto que sinalara un antes e un despois na nosa historia e sen dúbida a chegada de Internet na década dos noventa. Agora xa podemos afirmar que estamos sumerxidos na “sociedade da información” Esta nova “cultura”, que arrastra novos coñecementos , novas maneira de ve-lo mundo, novas técnicas e pautas de comportamento , o uso de novos instrumentos e linguaxes.... vai remodelando tódolos rincóns da nosa sociedade e incide en todolos ámbitos nos que se desenrrola a nosa vida, esixindo de todos nos grandes esforzos de adaptación. 

SOCIEDADE DA INFORMACIÓN/CARACTERÍSTICAS 

A cambiante sociedade actual, á que chamamos sociedade da información, está caracterizada polos continuos avances científicos (bioenxeñaría, novos materiais, microelectrónica) e pola tendencia a globalización económica e cultural (gran mercado mundial converxencia dixital de toda-la información..... ). Conta cunha difusión masiva da informática, a telemática e os medios audiovisuais da comunicación e tódolos estratos sociais e económicos, a través destes proporciónanos: novos canais de comunicación (redes) e inmensas fontes de información; potentes instrumentos para o proceso da información; novos valores e pautas do comportamento social; novas formas de organizala información... configurando así novas visións do mundo no que vivimos e influindo polo tanto nos nosos comportamentos. Na sociedade da información aparece unha nova forma de cultura, a “cultura da pantalla” que se superpón á “cultura do contacto persoal e á cultura do libro”. Ademais, xunto ao entorno físico no que interactuamos, agora dispoñemos tamén do ciberespacio, que multiplica e facilita as nosas posibilidades de acceso á información e da comunicación cos demais. 







IMPACTO DAS TIC NA SOCIEDADE 

Esta emerxente sociedade da información, impulsada por un vertixinoso avance científico, arrastra cambios que alcanzan tódolos ámbitos da actividade humana. Os seus efectos maniféstanse de maneira moi especial nas actividades laborais e no mundo educativo, onde todo debe ser revisado. 

IMPACTO DAS TIC NA EDUCACIÓN 

Un dos retos que teñen actualmente as institucións educativas consiste en integra-las aportacións destes poderosos canais formativos nos procesos de ensinanza e aprendizaxe, facilitando aos estudiantes a estructuración e valoración destos coñecementos dispersos que obteñen a través dos “mass media” e Internet, pois obviamente a escola debe acercar aos estudiantes á cultura de hoxe e non á cultura de antonte. 

NOVO ROL DOCENTE 

Sexa cal sexa o nivel de integración das TIC nos centros docentes, o profesorado necesita tamén unha “alfabetización dixital” e unha actualización didáctica que lle axude a coñecer, dominar as institucións tecnolóxicas e os novos elementos culturais en xeral na sua práctica docente. 

NOVO ROL DOS ESTUDIANTES 

As novas xeracións van asimilando de maneira natural esta nova cultura que se vai conformando e que arrastra moitos e importantes esforzos de formación, de adaptación e de “desaprender” moitas cousas que agora “se fan doutra forma” ou que simplemente xa non serven. 







CONCEPTO DE NTICS/ TICS. CARACTERÍSTICAS 

As Novas Tecnoloxias da Información e da Comunicación son incuestionables e están aí, xa que forman parte da cultura tecnolóxica que nos rodea e coa que debemos convivir. Incluimos no concepto TIC os medios de comunicación de todo tipo, dende o “mass media” ao teléfono, fax... 

INTEGRACIÓN DAS TIC NO CURRÍCULUM 

Progresivamente vanse integrando as novas tecnoloxias nos programas dos cursos a tódolos niveis: ensinanza obrigatoria, profesional, universitaria... esta integracion das TIC obedece aos requisitos da actual “sociedade da información” e pretende capacita-los xóvenes para desenrolarse no mundo dixital. 

domingo, 6 de noviembre de 2016

PRESENTACIÓN DO BLOG

Boas! Este blog será empregado para ir subindo contidos relacionados coa asignatura Filosofía da Ciencia e da Tecnoloxía de 2º de Bacharelato. Ao longo do curso subirei diversas entradas sobre temas vinculados a estos ámbitos. Espero que sexa do voso interese. Unha aperta!